O 21 de maio os noieses volverán peregrinar a Santa Rita

16 Maio 2022

O Concello de Noia, en colaboración con Protección Civil e Cruz Vermella de Noia, organiza o vindeiro 21 de maio unha peregrinación de Santa Rita. A saída está prevista para as 23.00 horas na praza do Concello. Dende O Consistorio indican que as persoas participantes estarán asistidas por ambulancia, que as acompañará durante todo o percorrido.

Despois da misa de 08:00h, haberá autobuses, para a volta, que sairán ás 09:00h. As persoas que queiran participar poderán recoller os tíckets para o autobús no primeiro andar do Consistorio, ata o xoves 19 ás 14:00h.

A andaina consiste nunha peregrinaxe nocturna a Santiago, coa meta na igrexa de San Agostiño, que acubilla a capela de Santa Rita. Novamente o obxectivo será reivindicar a tradición nocturna desta marcha ao tempo que se visualiza o carácter referencial de Noia como vila xacobea.

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...