Nova convocatoria do Programa Xuventude Crea que se pon en marcha en xuño

19 Maio 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia porá en marcha unha nova convocatoria do Programa Xuventude Crea no vindeiro mes de xuño. Fíxoo na
presentación da exposición itinerante Xuventude crea: máis dunha década, que conmemora os traballos premiados nesta iniciativa, que impulsa a creatividade, o enxeño e a innovación da xuventude galega.
Fabiola García explicou que con esta mostra procúrase dar a coñecer os proxectos das mozas e mozos para que sirvan tamén de referente a vindeiras xeracións. Ao longo do último ano a exhibición percorreu oito localidades de toda a Comunidade antes de recalar en Noia, onde permanecerá este mes.
Así mesmo, explicou que máis de 4000 mozas e mozos participaron no Xuventude Crea ao longo da súa historia. Este éxito de participación, engadiu, leva a Administración autonómica a avanzar nunha nova ferramenta que lle sirva de escaparate, un museo dixital que recollerá os proxectos e que moi pronto verá a luz.
Neste sentido, a conselleira de Política Social e Xuventude recordou que o Goberno galego ten un compromiso coa mozas e mozos de Galicia. Por iso, puxo en valor iniciativas, como o Xuventude Mentoring, que impulsan a súa formación e a inserción laboral; as axudas para o alugueiro ou para o carné de conducir, que favorecen a súa independencia; ou programas como Xuventude Crea, que loa o seu talento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...