Noia dixitaliza máis de 50.000 documentos do seu arquivo municipal

11 Maio 2022

O Concello de Noia incorpora á plataforma Galiciana, 53.222 imaxes do seu arquivo histórico. Os documentados dixitalizados comprenden varios séculos: desde o 1559 ao 1960.

Balbina Gándara, representante da empresa adxudicataria da dixitalización, declarou que o obxectivo fundamental é que a información sexa facilmente documentable. Todo iso, a través dunha «recuperación rápida do metadatos».

Neste labor de dixitalización da historia noiesa, adaptáronse aos novos tempos expedientes de contratación, datos do padrón municipal, planos e outras cuestións de obras e organismos.

A responsable afirma que os labores de dixitalización levaron a cabo nun «tempo record». «Pola dimensión necesitáronse máis de tres equipos instalados non propio concello», apuntou.

Outros artigos

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...