Medio Ambiente liberará de invasoras tres quilómetros do río Tambre

11 Maio 2022

A contorna da central eléctrica do río Tambre en Noia acolleu este mércores 11 de maio a visita da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e do rexedor Santiago Freire. A carón da histórica central e da ponte colgante deron a coñecer vindeiras iniciativas para recuperar as ribeiras do río (en Noia e Outes) e protexer e fomentar as especies autóctonas. Váquez sinalou que a Xunta investirá neste punto e con estes obxectivos 185.000 euros a partir deste verán. Irán destinados a protexer a vexetación de ribeira e eliminar especies exóticas invasoras, ao longo dun tramo de 3 quilómetros.

A titular de Medio Ambiente dixo que a actuación ten un prazo de execución de 4 meses, “polo que se prevé que estea rematada antes de que remate o ano”. Engadiu tamén que a actuación abéirase ao proxecto Mil Ríos, unha iniciativa cun orzamento global de 5 millóns de euros procedentes dos fondos NextGenerationUE e coa que se busca mellorar 470 quilómetros de 50 cursos fluviais galegos para aumentar a súa resiliencia e capacidade de resposta ante o cambio climático.

No caso concreto do río Tambre, Ángeles Vázquez explicou que os traballos previstos organizaranse en catro zonas distintas (tres no termo municipal de Noia e unha en Outes) para mellorar ambas marxes dun treito que abrangue 2,6 hectáreas. Así, dixo, “restaurarase a vexetación de ribeira mediante a retirada de exóticas invasoras e a plantación de especies autóctonas como freixos e carballos, amais de eliminar acacias negras (Acacia melanoxylon), mimosas (Acacia dealbata) e ailantos (Ailanthus altissima), tanto en dominio público hidráulico como na zona de servidume.

A conselleira concretou que se actuará na área entre a ponte colgante, a central eléctrica e o refuxio de pescadores —na zona do Pozo dos Maios—, onde se identificou a presenza de acacia negra, ao igual que augas arriba do refuxio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...