Lete Lasa destaca o camiño do Noia FS que acada á máxima división “tras unha longa peregrinaxe de traballo e sacrificio”

10 Maio 2022

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu hoxe na Escola Galega de Administración Público a unha representación do Noia Portus Apostoli FS que vén de acadar o título de Segunda División así como ascenso á máxima categoría do fútbol sala nacional. A delegación noiesa estivo composta polos xogadores, corpo técnico e directivo e encabezada polo presidente, Severino Barreiro, ademais de estar acompañados polo alcalde de Noia, Santiago Freire.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibe á directiva, corpo técnico e xogadores do Noia Portus Apostoli FS tras o seu ascenso á Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala.

Lete Lasa felicitou a todo o equipo e destacou o longo camiño do Noia Portus Apostoli FS que leva no seu nome unha das rutas xacobeas máis fermosas. De seguro, que neste especial dobre Ano Santo, o Apóstolo intercedeu para que chegarades ao voso obxectivo e soubo recoñecer “a vosa peregrinaxe de traballo e sacrificio”.

O mandatario galego valorou o grande nivel do fútbol sala masculino galego dende os tempos do Egasa Chaston, pasando polo, Azkar Lugo, o Santiago Futsal ou o Parrulo de Ferrol e mesmo o Burela que a pesares de consumar o seu descenso, conta cunha gran tradición. Un legado que souberon recoller as mulleres mesmo superando o listón que puxeron os homes, “hoxe contamos co mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo, o Burela, que vén de acadar a súa quinta Copa da Raíña e con catro equipos galegos na Primeira División.

Outros artigos

As contas de Porto do Son medran un 4,8% con respecto ás do ano pasado

O pasado venres 19 a Corporación municipal de Porto do Son celebrou a súa sesión plenaria do mes de abril, na que se aprobaron os orzamentos para este ano, que teñen unha contía de 12,3 millóns de euros e que representan un incremento con respecto ás contas de 2023...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...