Galicia terá este verán 112 bandeiras azuis (tres na nosa comarca)

11 Maio 2022

Un total de 112 praias galegas pertencentes a 34 municipios terán este verán unha bandeira azul, distintivo co que cada ano a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñece a areais de todo o mundo en base a criterios de sustentabilidade e de servizos. Así o fixo saber este mércores 11 de maio a Consellería de Medio Ambiente, engadindo que “de todas as praias galardoadas nesta última edición, tres lucirán a bandeira por primeira vez: Porto Suevos, no concello de Arteixo; Banda do Río, en Bueu; e Santa Baia, en Vigo”. Ademais, a de Fontela Valea, en Barreiros, volve sumarse á listaxe de areais galegos con esta distinción, despois de que o ano pasado non a recibira.

No Barbanza, só terá unha bandeira será na ribeirense de Coroso, que volverá a contar co distintivo de calidade.  O Náutico Boiro-Mariña Cabo de Cruz e o de Portosín tamén contarán co distintivo de calidade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participa no acto de entrega das bandeiras azuis 2021 na praia de Rodas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, 18/06/21.

Galicia concentra unha de cada cinco das bandeiras concedidas en 2022 en todo o territorio estatal, con 112 areais recoñecidos que se estenden ao longo de 42,7 quilómetros.

Ademais, 11 portos deportivos galegos tamén lucirán unha bandeira azul este verán; 14 instalacións dedicadas á educación ambiental e á atención aos visitantes terán a consideración de centros azuis; e 29 rutas converteranse en sendeiros azuis.

Medio Ambiente engade que este balance, cun total de 166 distintivos concedidos a Galicia entre praias, instalacións portuarias, centros e sendeiros, supón un aumento de 11 respecto aos datos do ano pasado, cando a cifra de areais galegos con bandeira azul foi de 111 —1 menos que en 2022—. De igual xeito, a Comunidade tamén suma un novo centro azul, ao incorporarse por primeira vez o centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán, en Camariñas, e engade 9 sendeiros azuis á vintena do pasado ano, mentres que o número de portos que lucirá este emblema se mantén sen cambios respecto a 2021.

En Barbanza, só a praia de Coroso (Ribeira), o Club Náutico Mariña – Cabo de Cruz (Boiro) e o Real Club Náutico de Portosín ostentarán dita distinción de Bandeira Azul.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...