Galicia rexistra un total de 17.361 casos activos por coronavirus. Aumentan os contaxios en A Pobra, Rianxo, Muros e Lousame

07 Maio 2022

Escalada de contaxios en Rianxo, Muros, A Pobra e Lousame a unha e dúas semanas situación de Rianxo, Muros, A Pobra e Lousame, onde os contaxios aumentan tanto a sete como a 14 días. Destaca Rianxo que nunha xornada computou máis dunha decena de positivos a unha semana, e sete a dous.

En Arousa norte, empeora a incidencia acumulada, ademais de en Rianxo, na Pobra e Boiro. Polo que respecta a Ribeira, ten entre 99 e 100 positivos. Muros, é o único concello cunha incidencia acumulada a dúas semanas por encima dos mil casos por 100.000 habitantes.

Por outra banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.361, deles 3.301 son da área da Coruña, 2.592 da de Lugo, 2.477da de Ourense, 1.843 da de Pontevedra, 2.923 da área de Vigo, 2.879 da de Santiago e 1.325 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 635en unidades de hospitalización e 16.712 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 575.040 persoas curadas, rexistrándose 3.382 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 4 de maio:

Home de 95 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Muller de 86 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Día 5 de maio:

Home de 81 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 83 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Home de 74 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Muller de 93 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Muller de 78 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 91 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Muller de 99 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Muller de 89 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Muller de 87 anos, na área sanitaria de Ferrol.

Home de 81 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Día 6 de maio:

Muller de 87 anos, na Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.866.666.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.646.898.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...