Felicitación á ribeirense Dolores Martínez Pego polo seu 101 aniversario

13 Maio 2022

O alcalde Manuel Ruiz acudiu á Residencia de Maiores de Ribeira para felicitar á veciña Dolores Martínez Pego polo seu 101 aniversario, cumprido o pasado 8 de maio.
Como xa é tradicional, Dolores recibiu un ramo de flores no nome do Concello por esta celebración. No acto estiveron presentes tamén a concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro; o fillo da homenaxeada;
o director deste centro xestionado por DomusVi, Miguel Alamancos; e outras traballadoras.
Alcalde e concelleira aproveitaron a súa estancia na Residencia para saudar a outros veciños e veciñas que están aloxados alí.

Felicitación á ribeirense Dolores Martínez Pego polo seu 101 aniversario

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...