Falece un camioneiro tras sufrir unha indisposición no seu vehículo en Padrón

05 Maio 2022

Un home perdeu a vida a pasada tarde despois de sufrir unha indisposición no interior do vehículo no que se atopaba. O tráxico suceso sucedeu en las dependencias dunha empresa, no municipio coruñés de Padrón. Segundo se lle informou ao 112 Galicia, o vehículo estaba parado no momento no que a vítima sufriu a indisposición. 

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través da chamada dun traballador desa empresa, ao fío das sete horas. Segundo indicaba na súa chamada, o condutor dun camión precisaba asistencia médica urxente.

Axiña, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Así mesmo, informaron á Garda Civil, á Policía Local e ao GES de Padrón, que colaborou cos profesionais sanitarios para axudar a evacuar ao camioneiro da cabina do vehículo.

Desafortunadamente, pese aos esforzos dos equipos de intervención que acudiron ao lugar, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...