Fabiola García visita o Centro de Día do Son, onde comprobou as melloras feitas no inmóbel

09 Maio 2022

A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, visitou este luns 9 de maio o Centro de Día Municipal de Porto do Son, onde veñen de realizarse obras de mellora por valor de 47.000 euros. García sinalou que esta actuación é froito da colaboración institucional entre o Goberno galego e o Concello de Porto do Son para “facer fronte aos gastos derivados da atención a maiores”.

A conselleira en funcións concretou que entre as actuacións realizadas neste centro atópase a reestruturación da cociña e o comedor, a pintura das paredes interiores, melloras no tellado ou a colocación dunha marquesiña na entrada das instalacións.

Fabiola García lembrou que o obxectivo do Goberno galego é “poñer facilidades para que as persoas maiores poidan vivir esta etapa vital onde e como prefiran sen preocuparse por estar ben atendidos”. Neste sentido, sinalou que os centros de día “permiten ofrecer unha atención diúrna profesional ao tempo que as persoas maiores poden seguir residindo no seu lugar de sempre”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...