Este sábado Manuel e Carme Tubío homenaxean ao poeta Brea Segade no Auditorio de Rianxo

06 Maio 2022

Este sábado 7 de maio o Auditorio de Rianxo acolle un concerto de homenaxe ao poeta local Brea Segade. Contarase coa presenza de Manuel Tubío (composicións, guitarra e voz) e Carme Tubío (violonchelo). A cita vén da ma da Área de Cultura do Concello. Comezará ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio.

O concerto consistirá na estrea de 10 poemas musicados por Manuel Tubío e presentados nun pequeno formato de guitarra e voz con acompañamento de violonchelo para contribuír á recuperación e difusión da obra do poeta Xosé María Brea Segade (1904-1934). O núcleo do programa é unha escolma de 7 poemas do propio Brea, que están precedidos por outros 3 de escritores que tiveron algún tipo de vínculo co homenaxeado: Rafael Dieste, Faustino Rey Romero, e Xesús Santos. Ademais da interpretación musical, intervirán Xesús Santos e Xosé Ramón Brea con comentarios sobre a vida e obra do autor, e haberá unha proxección de fotografías do lalinense Ales Piñeiro.

Para asistir é necesario cubrir o formulario de reserva en www.concelloderianxo.gal.

Outros artigos

As augas de Tanxil, As Cunchas e Torre, cualificadas de excelentes

O Concello de Rianxo informou esta semana que as tres praias locais incluídas no Rexistro de Augas de Baño de Galicia (Tanxil, As Cunchas e A Torre) foron cualificadas polo Servizo Galego de Saúde como de “calidade excelente". Ademais, os tres areais están incluídos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...