Este sábado achegámonos en Boiro á vida da escritora e activista Luz Fandiño coa proxección de “A poeta analfabeta”

20 Maio 2022

Ao abeiro do Ciclo Mestre Mateo, que nos depara o mellor da actualidade do noso audiovisual, chega a Boiro este 21 de maio o filme A poeta analfabeta. Será este sábado ás 20.30 horas no Centro Social de Boiro. O acceso é libre até completar a capacidade máxima do auditorio do Centro Social. A proxección vén da man da Academia Galega do Audiovisual, a Deputación da Coruña e o Concello de Boiro.

A poeta analfabeta é un filme documental que retrata a vida de Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roxa. Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo? Que a mantén viva?

Título orixinal: A poeta analfabeta

Ano: 2020

Duración: 71 minutos

Idioma orixinal: Galego

Dirección: Sonia Méndez

Guión: Sonia Méndez

Montaxe: Víctor H. Seoane

Fotografía: Lucía C. Pan

Produtora: Cósmica Producións

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...