Entregados os premios do II Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia

18 Maio 2022

O Festival de Cans acolleu este mércores 18 de maio a entrega dos premios do II Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, un acto no que participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os responsábeis e impulsores do dito festival. O obxectivo do certame foi favorecer o uso do galego e o coñecemento dos recursos naturais e patrimoniais dos territorios polos que transcorre este itinerario de interese paisaxístico.

Organizado pola Fundación Galicia Sustentable en colaboración con Turismo de Galicia e promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, en colaboración con Enerxías de Portugal Renovábeis e o Festival de Cans, a entrega dos premios tivo lugar no marco da celebración do festival audiovisual que estes días acolle Cans.

Nesta segunda edición do concurso, no que participaron 14 centros educativos galegos de ESO, Bacharelato, Formación Profesional básica e ciclos formativos de grado medio, resultaron gañadores os centros de Tomiño, Cedeira e Vigo que, ademais de recibir o trofeo e a certificación de Premio de Innovación Educativa, puideron ver as curtas gañadoras no marco do festival.

Os vídeos, que debían ter unha duración inferior a cinco minutos, debían enxalzar as múltiples facetas do territorio litoral de Galicia, dende a gastronomía ou a natureza ata a cultura e a lingua.

A Senda

A Senda Litoral de Galicia é un itinerario de interese paisaxístico incluído nos instrumentos de ordenación do territorio de Galicia para fomentar o descubrimento de todo o litoral e pór en valor os recursos territoriais e as paisaxes que vai percorrendo.

Consta de 53 etapas que van desde Tapia de Casariego (Asturias) ata Vila Nova de Cerveira (Portugal) e dá continuidade no tramo galego á Senda Europea E9.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...