En Ribeira o mal tempo obriga a cambiar actos das Letras Galegas

16 Maio 2022

Dende a área de Cultura do Concello de Ribeira infórmase de que mañá, 17 de maio, celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, por motivo de choiva, as actividades previstas terán as seguintes variacións:
 
 O espectáculo de “Polo correo do vento” previsto para as 12:00 h na praza do Concello vaise celebrar no Espazo Municipal de Usos Múltiples (carpa da rúa de Galicia) á mesma hora.
 A animación de rúa a cargo de Saraghallada durante a mañá, de 12 a 14 h terá lugar igualmente, polas rúas e prazas de Ribeira adaptándose á climatoloxía.


 As actividades previstas en Aguiño, organizadas pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño a partir das 16:30 h da tarde no Conservatorio de Aguiño, na rúa Castelao, ao carón do campo de fútbol, terán lugar igual e adaptaranse á climatoloxía.


Se chove serán todas no interior do local (un inchable e un taller de globoflexia en lugar de 2 inchables, xornada de debuxo e expectáculo), se non chove os 2 inchables serán no exterior e a xornada de debuxo e espectáculo no interior. Haberá agasallos para todos os participantes no debuxo, augas e flases xeados.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...