En Rianxo conseguen rescatar e reanimar a 11 cachorros no incendio dunha vivenda

19 Maio 2022


Varias dotacións dos Bombeiros de Boiro e Ribeira, na comarca coruñesa do Barbanza, desprazábanse este xoves ata a localidade veciña de Rianxo tras recibir o aviso dun incendio que estaba a afectar a unha vivenda do lugar de Ourolo.

A.D.C. Bombeiros de Boiro

Á súa chegada comprobaron que no interior do inmbueble non había persoas, pero si atopaban unha cadela e a súa camada, composta de 11 cachorros e dos que 8 atopábanse xa inconscientes afectados polo fume.
Por iso é polo que, unha vez sacados do edificio, comezasen coas tarefas de reanimación dos animais, tanto con masaxes pulmonares e cardíacas, como coa suministración de osíxeno aos pequenos cachorros que puideron recuperarse, segundo informan nas redes sociais desde a Asociación Deportiva e Cultural Bombeiros de Boiro.
Uns traballos nos que os bombreros agradecen a colaboración tanto de “a Policía Local de Rianxo, a Garda Civil, RTSU Rianxo e a Ramiro, veterinario que se desplazou para colaborar”, ademais de non esquecerse “de todos vos veciños que nos axudaron a atender aos animais”.
Que, grazas a este traballo, puideron salvar as súas vidas, tanto os cachorros como a súa nai, que se atopan en perfecto estado tras un incendio que se podería orixinar nun deshumidificador que se atopaba na estancia.

A.D.C. Bombeiros de Boiro

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...