Emprego contratará no Barbanza a 76 persoas como socorristas e para a prevención de incendios

18 Maio 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitou o Concello para anunciar que a Consellería de Emprego e Igualdade financiará con máis de 439.000 euros a contratación de 76 persoas desempregadas en concellos da comarca do Barbanza; dos cales, 59 (200.000 euros) destinaranse á tarefa de socorristas e 17 (238.000 euros) contrataranse, a
través do programa Aprol Rural, para que poidan levar a cabo tarefas de prevención de incendios como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, limpeza de montes e xestión de biomasa. O Concello de Noia contará con 4 socorristas e 2 incorporacións do programa Aprol rural grazas a un investimento global de 40.380 euros.
No marco do programa de socorristas, o Goberno autonómico inviste 1,5 millóns de euros para apoiar en preto de 200 concellos galegos a contratación de máis de 450 desempregados e desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que os concellos soen destinar á contratación de persoal para a vixilancia das praias e espazos fluvais ou piscinas municipais. Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial con contías que irán dos 1.555 euros aos 2.700 euros segundo o grupo de cotización das persoas contratadas. Con esta medida a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais  co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.
No ámbito do programa Aprol Rural, prevese a contratación de 550 persoas desempregadas en toda Galicia en 285 municipios rurais. Os apoios a percibir polas entidades locais, neste caso, van dos 13.970 euros aos 20.250 euros en concepto de gastos salariais segundo o grupo de cotización financiados ao 100% pola Xunta. Tiveron prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.
O obxectivo destas axudas é proporcionar ás persoas sen traballo que habitan nos concellos rurais de Galicia -aqueles que non contan con ningunha zona densamente poboada a nivel parroquial- unha experiencia práctica e profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral. Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Con todas estas medidas a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais na integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...