Doce voluntarios de Protección Civil de Ribeira foron condecorados poal súa Asociación Nacional

09 Maio 2022

Membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira acudiron esta fin de
semana á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada para participar no acto de entrega de condecoracións outorgadas pola Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (ANAV). A razón da súa asistencia reside en que varios dos voluntarios foron condecorados coa Medalla o Mérito e Recoñecemento a Antigüidade e Constancia o Servizo como Voluntario de Protección Civil nas súas categorías de bronce e prata polos 5, 10 e 15 anos ao servizo de todos os cidadáns do noso concello.
Así, recibiron a medalla de bronce con distintivo azul Iván Sieira González, María Luisa Fernández Otero, María José López Rodríguez, Manuel Ángel Núñez González, Borja Piñeiro Pazos, Marcos Fernández Santamaría, Daniel Rodríguez Vidal e Jose Urbano Mariño Lago. Recibiron a medalla de bronce con distintivo laranxa Jesús Manuel Paz Ayaso, Luis Miranda Vidal e Miguel Ángel Sobrado Silva. E recibiron a medalla de prata con distintivo azul Juan Ventura Fontaíña, Anxo Martínez Samedro e Jonathan Romay
Moraña.
Representando a Agrupación estivo tamén o seu presidente e o seu presidente de honra, José Francisco Parente Martínez e Francisco Sánchez Fraga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...