“Credibilidade política” – José Manuel Pena

04 Maio 2022

Son moitos os que consideran que Galicia é de dereitas. Outros que é de esquerdas. O certo é que nos últimos corenta anos gobernou a dereita e a maior parte do tempo, con maioría absoluta.

Os gobernos do mesmo signo político, gobernando durante décadas, poden dar lugar a situacións prexudiciais para a sociedade civil, como ocorreu en Andalucía, Catalunya ou Madrid, por exemplo. Por iso é moi importante a alternativa política en todos os gobernos, sexa estatal, autonómico, provincial ou municipal. Pero quizais sexa máis necesario e conveniente a colaboración e a participación activa nos labores de goberno de todas as forzas políticas con representación parlamentaria, máxime en momentos de dificultades ou de crise económica ou social como a que estamos a vivir como consecuencia do COVID 19 e a invasión de Rusia en Ucraína.

Certo é que cada Comunidade Autónoma é diferente e Galicia ten unha serie de circunstancias que favorece o voto conservador e tradicional. Moitas persoas desexan seguridade para poder manter a súa situación familiar, persoal e laboral e non queren arriscarse en proxectos diferentes aos xa coñecidos.

En Galicia, non é que o goberno sexa eficaz senón que a oposición non está á altura das circunstancias e no canto de unir forzas dedícanse a anular ao adversario co que terían que gobernar nunhas futuras eleccións.

A dereita case sempre está unida e lava os seus trapos sucios en casa, mentres que a esquerda dedícase a pór a cambadela a quen sobresaia ou poida liderar un proxecto político diferente. Así a imaxe que se ofrece á cidadanía é nefasta e pérdese a credibilidade política e a confianza. Loxicamente, o cidadán, aplícase o devandito popular de que “máis vale malo coñecido que bo por coñecer”.

Galicia merécese ter menos paro xuvenil, menos pobreza e desigualdade, menos emigración económica e máis industria e emprego de calidade.

Outros artigos

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

+

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

+

El voto del BNG avala a Maduro”. José Castro López

El pasado día 17 el presidente venezolano, Nicolás Maduro, fue proclamado candidatodel chavismo para las elecciones de julio. Tres días después la Alta Comisionada de lasNaciones Unidas para los Derechos Humanos pedía un proceso electoral “transparente,inclusivo y...

+

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social; mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechos...