Chega ao seu remate o obradoiro de memoria e saúde de Cruz Vermella en Boiro

11 Maio 2022


O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, visitaron este martes ás persoas participantes no obradoiro de memoria que desenvolve Cruz Vermella na parroquia de Bealo. As persoas deste taller asistiron este 10 de maio á actividade A xestión do meu sentir, que ten como obxectivo traballar no benestar emocional das persoas maiores.

Durante este último mes a actividade percorreu os distintos Talleres de Memoria que a agrupación local de Cruz Vermella desenvolve en todas as parroquias do municipio. O alcalde, acompañado do persoal da organización, visitou ás persoas dos distintos talleres participantes nesta actividade coa que se busca “mellorar a implicación das persoas maiores no seu benestar emocional”.

O alcalde agradeceu a todas as persoas que participan nestas actividades “xa que sen elas non sería posible levalas a cabo” e tamén o traballo que a Cruz Vermella de Boiro realiza “especialmente coas nosas persoas maiores, propoñendo actividades e alternativas que lles permiten manterse activas e a estimulación cognitiva para previr o envellecemento cerebral”.

O Concello de Boiro colabora coa Cruz Vermella de Boiro para levar a cabo actividades e programas encamiñados á integración social de persoas e colectivos vulnerábeis ou en risco de exclusión. Anualmente desenvólvense programas de atención urxente a necesidades básicas, apoio educativo, asesoramento… “O traballo de colaboración entre o departamento de Servicios Socias e as entidades sociais do municipio como é Cruz Vermella é fundamental para cubrir as necesidades das persoas en risco”, recoñeceu o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...