Caxoto recala este venres na Cachada co seu espectáculo “Carteiro en bicicleta”

19 Maio 2022

O Parque da Cachada vai ser escenario deste 20 de maio doutra actividade cultural inserida na axenda municipal do Maio das Letras Galegas. Trátase da función Carteiro en bicicleta da compañía Caxoto, un divertido e enriquecedor contacontos para público infantil e familiar. As entradas estarán dispoñíbeis no mesmo día do espectáculo, que dará comezo ás 20.00 horas.

Carteiro en bicicleta é unha homenaxe de Caxoto á poesía de Manuel María (e ao legado doutros escritores sobranceiros da nosa terra, como Rosalía de Castro, Castelao ou Álvaro Cunqueiro), dando forma, en palabras da agrupación, “a un espectáculo onde conflúen varias disciplinas a partir das experiencias e vivencias dun carteiro dos de antes que nos fala do seu traballo, da importancia que tiña o correo en tempos, de historias emocionantes e cheas de vida”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...