Cambios nos concertos de homenaxe a Carlos García López-Picos en Rianxo

20 Maio 2022

Rianxo ía acoller estes días dous concertos de tributo ao compositor galego Carlos García López-Picos (Betanzos, 1922–Oleiros, 2009), do que se está a celebrar o centenario do seu nacemento. Tratábase de dúas actuacións programadas para os días 20 e 21 de maio no Auditorio Municipal de Rianxo.

O primeiro concerto programado, o do 20 de maio ás 21.00 horas, mantense na súa data. É unha actuación para violonchelo e piano que contará coa presenza da violonchelista Teresa Morales Diego e o pianista Javier Ares Espiño, que interpretarán partituras de Manuel de Falla, García-Picos, Isidro B. Maiztegui e Astor Piazolla.

O que si que é obxecto de cambios é o do 21 de maio (unha actuación para voz e piano coa soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo de Lorenzo, que tiñan previsto ofrecer a súa versión de obras de obras de Marcial del Adalid Gurrea, Eugenia Osterberger Luard, Andrés Gaos Berea, García-Picos e Juan Durán Alonso). Esta cita musical adíase para nova data por causas alleas ao Concello de Rianxo.

O compositor

Compositor e director de coros galego-arxentino, Carlos López García-Picos, desenvolveu gran parte da súa actividade en Bos Aires, onde contactou coa intelectualidade galeguista. Na súa formación destaca unha estancia de varios anos en Francia, onde estudou na Schola Cantorum e no Conservatorio Nacional de París. Foi o principal impulsor, socio e membro de honra da Asociación Galega de Compositores e mantivo na capital arxentina un compromiso constante coa comunidade galega, reflectida en moitos aspectos da súa obra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...