Boiro e Cruz Vermella desenvolven un proxecto de clases de galego para migrantes

04 Maio 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Normalización Lingüística, xunto coa Cruz Vermella de Boiro, vai levar a cabo un curso de galego para persoas migrantes. A concelleira de Normalización Lingüística, Dores Torrado, e a coordinadora local da agrupación, Natalia Romero, presentaron esta mañá o servizo.
O Concello de Boiro está a levar a cabo accións encamiñadas ao desenvolvemento e promoción da lingua galega. “Demos un primeiro paso que é a creación dunha ordenanza de uso de lingua que se atopa en fase de exposición, e comezamos a traballar en distintos ámbitos como o emprendemento, o ámbito dixital ou os xogos populares“, afirmou a concelleira Dores Torrado.
Esta actividade que se vai desenvolver con Cruz Vermella ten como obxectivo levar o galego ao colectivo de persoas migrantes do noso municipio para favorecer a integración social, económica ou cultural e tamén para favorecer o uso da lingua no noso municipio. Xa se facía un traballo previo de formar a estas persoas en castelán, pero agora dáse un paso máis alá para facelo tamén en galego.
“Aínda que xa se estaban desenvolvendo clases de español, viamos que esas persoas migrantes non chegaban a ter unha integración social plena polo que xurdiu a necesidade de ampliar esta formación tamén ao galego”, afirmou Natalia Romero. Este proxecto consistirá en clases semanais para o colectivo
de persoas migrantes para favorecer a súa integración económica e tamén social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...