Boiro acolle o vindeiro martes a segunda regata da Liga Provincial de piragüismo da Coruña

11 Maio 2022

O Concello de Boiro colabora do Club de Piragüismo Rías Baixas para a celebración da 2ª regata de piragüismo da Liga Provincial da Coruña que terá lugar en Boiro, na praia de Barraña, o vindeiro martes 17 de maio. A concelleira de Deportes, Dores Torrado, participou esta mañá na presentación da proba
xunto con Sergio Pérez e Luís Ourille do Club de Piragüismo Rías Baixas.
A regata terá lugar na Praia de Barraña, xunto a sede do Club no edificio das colonias, e desenvolverase a partir das 16.00 horas. Está previsto que participen entre 350 e 400 rapaces de entre 8 e 16 anos de 12 clubs da provincia da Coruña. O circuíto consta de 6 regatas, en Boiro celebrase a segunda, e nela van participar rapaces e rapazas en practicamente todas as categorías do Club de Piragüismo Rías Baixas.
O Concello de Boiro colabora cos clubs deportivos do municipio para levar a cabo probas cos clubs locais e apoiar e promocionar o deporte base.
“Este tipo de probas, ademais de promocionar o deporte base e as escolas deportivas, atrae a moita xente que visita o noso municipio e que se anima a coñecer a nosa contorna”, recoñeceu a concelleira.
“Dende as escolas deportivas estase a facer un gran traballo, un exemplo diso é o Club de Piragüismo Rias Baixas que aumentou as súas fichas federativas”, afirmou a concelleira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...