As protagonistas da campaña EuConsumoLocal de Boiro dan o chimpo ás redes

13 Maio 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de lanzar un vídeo promocional para reivindicar novamente unha mensaxe que cómpre non esquecer: apostar polo comercio de proximidade ten múltiples beneficios (económicos, sociais, medioambientais) non só para os negocios implicados, senón para a veciñanza e as vilas e cidades que albergan eses negocios. O vídeo, abeirado á campaña EuConsumoLocal de EuSonBoiro, é a parte online dunha iniciativa presencial de promoción previa que agora dá o chimpo dende as rúas de Boiro até as redes. As protagonistas son 8 persoas socias da entidade. En setembro terá continuidade dende a perspectiva do consumidor.

Precedente

O precedente é a parte física da campaña, que a ABE cualificou de éxito. Nela, os socios e socias da patronal boirense foron as e os protagonistas por estar presentes na vida diaria da veciñanza de Boiro a través de 50 pancartas, 2 monólitos de 2,5 metros e 1 mupi colocados polas rúas de Boiro.

No Youtube

O anuncio xa está dispoñíbel na canle de youtube da ABE e nas redes sociais da asociación e tamén está protagonizado polas mesmas oito persoas socias que desta volta relatan coas súas propias verbas as 8 razóns para consumir local.

Como explica o presidente da patronal, Daniel García, “cada semana faremos unha publicación en redes e web coas fotografías dos protagonistas e hoxe lanzamos un vídeo que será o punto forte da parte máis dixital da campaña e que xa podedes ver en calquera das redes sociais da ABE (@boiroaberto)”.

Segunda parte da campaña

Esta campaña é a primeira parte dun proxecto máis amplo que terá continuidade no mes de setembro co lanzamento dunha segunda parte da mesma, esta vez protagonizada polos clientes, “serán eles quen dean o seu punto de vista sobre o comercio local e as súas motivacións para mercar en Boiro”, engadiu o presidente.

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de lanzar un vídeo promocional para reivindicar novamente unha mensaxe que cómpre non esquecer: apostar polo comercio de proximidade ten múltiples beneficios (económicos, sociais, medioambientais) non só para os negocios implicados, senón para a veciñanza e as vilas e cidades que albergan eses negocios. O vídeo, abeirado á campaña EuConsumoLocal de EuSonBoiro, é a parte online dunha iniciativa presencial de promoción previa que agora dá o chimpo dende as rúas de Boiro até as redes. As protagonistas son 8 persoas socias da entidade. En setembro terá continuidade dende a perspectiva do consumidor.

Precendente

O precedende é a parte física da campaña, que a ABE cualificou de éxito. Nela, os socios e socias da patronal boirense foron as e os protagonistas por estar presentes na vida diaria da veciñanza de Boiro a través de 50 pancartas, 2 monolitos de 2,5 metros e 1 mupi colocados polas rúas de Boiro.

No Youtube

O anuncio xa está dispoñíbel na canle de youtube da ABE e nas redes sociais da asociación e tamén está protagonizado polas mesmas oito persoas socias que desta volta relatan coas súas propias verbas as 8 razóns para consumir local.

Como explica o presidente da patronal, Daniel García, “cada semana faremos unha publicación en redes e web coas fotografías dos protagonistas e hoxe lanzamos un vídeo que será o punto forte da parte máis dixital da campaña e que xa podedes ver en calquera das redes sociais da ABE (@boiroaberto)”.

Segunda parte da campaña

Esta campaña é a primeira parte dun proxecto máis amplo que terá continuidade no mes de setembro co lanzamento dunha segunda parte da mesma, esta vez protagonizada polos clientes, “serán eles quen dean o seu punto de vista sobre o comercio local e as súas motivacións para mercar en Boiro”, engadiu o presidente.

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...