As familias de Outes xa se poden inscribir no Campamento de Verán 2022

19 Maio 2022

O Concello de Outes deu a coñecer os detalles do seu Campamento de Verán edición 2022, Outes Concilia, que se celebra en distintas quendas entre os días 23 de xuño e 7 de setembro. Trátase novamente dunha proposta para favorecer no termo municipal a conciliación e para achegar á rapazada opcións de lecer, creatividade, deporte e participación que desenvolver durante a tempada de vacacións.

O campamento, que se levará a cabo no CEIP Plurilingüe de Outes, virá con prazas limitadas. Está dirixido a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 16 anos e o período de inscrición estará aberto (abriu este 16 de maio) até o 31 de maio.

O campamento abrangue como dixemos desde o 23 de xuño ao 7 de setembro, podendo as familias

elixir as quendas que necesiten, quedando distribuídas da seguinte maneira co seu correspondente prezo público recollido na ordenanza:

1ª quenda: do 23 de xuño ao 1 de xullo (30€)

2ª quenda: do 4 de xullo ao 15 de xullo (40€)

3ª quenda: do 18 de xullo ao 29 de xullo (40€)

4ª quenda: do 1 de agosto ao 12 agosto (40€)

5ª quenda: do 16 de agosto ao 26 de agosto (40€)

6ª quenda: do 29 de agosto ao 7 de setembro (30€)

O horario do campamento será de 8:00 a 16:00 horas. Nas bases especifícase que as familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades permitindo a entrada e saídas flexíbeis.

Outros artigos

O Goberno de Outes presenta o proxecto de orzamentos para 2024

O Goberno de Outes presentará este xoves 25 de abril o proxecto de Orzamentos de 2024 ao pleno da Corporación municipal para a súa aprobación. Segundo destacou o alcalde, Manolo González, trátase duns orzamentos equilibrados e racionais e que pretenden atender as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...