As contribucións ao gravado de Eugenio Granel, a partir do 27 no Museo de Artes

21 Maio 2022

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar o vindeiro 27 de maio unha nova exposición. Trátase da mostra Azares de Granell en zinc e papel. A inauguración será o vindeiro venres ás 12.30 horas na sala 2 do Museo do Gravado.

A mostra Azares de Granell en zinc e papel vén da man da Fundación Eugenio Granell, con sede en Santiago, e supón un achegamento ás contribucións ao gravado dun dos grandes representantes do surrealismo: o galego Eugenio Granell. En palabras da fundación, “Eugenio Granell foi un observador incansábel da riqueza creativa do mundo que o rodeaba e mostraba gran interese pola estética do gravado e o seu proceso creativo, proxectándoo nos seus estudos, nas súas clases, na súa biblioteca e nas colaboracións puntuais para edicións especiais de libros”.

Destacan das súas contribucións as súas augafortes e serigrafías para as edicións de: Les Iles Fortunées, La Kábala, Menú, etc. Son salientábeis tamén as súas colaboracións cos estampadores Anelys Boza, María Muñoz, Pedro Arribas, Xurxo Fabeiro e as galerías EEGEE-3, La Kábala, Citania que souberon extraer o mellor da esencia de cada idea.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...