Ambar creará unha fila no CEGADI para denunciar as longas esperas para valorar o grao de discapacidade dunha persoa

02 Maio 2022

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional anunciou que vai materializar este martes 3 de maio (ás 11.00 horas no CEGADI, en Santiago) unha fila formada por persoas para denunciar “os largos prazos de espera que existen para valorar o grao de discapacidade en España”.

Con motivo do Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Diversidade Funcional das Nacións Unidas, que se celebra o 3 de maio, a asociación Ambar e COCEMFE nacional lanzan a campaña #EsperaYDesespera, co obxectivo de “dar a coñecer a desesperante espera que miles de persoas con diversidade funcional levan vivindo dende fai anos por unha valoración a tempo e unha baremación actualizada”.

Ao abeiro desta campaña, COCEMFE nacional e o seu Movemento Asociativo formarán 18 filas simultáneas de persoas en diferentes cidades do ámbito estatal para simbolizar e denunciar, nas súa palabras, “as intolerábeis esperas que deben asumir as persoas con diversidade funcional para poder acceder os seus dereitos debido ós retrasos existentes, tanto na valoración do grao de discapacidade, como na implantación do novo baremo de discapacidade”.

Estas fileiras colleran corpo fronte a lugares que representen ás institucións responsábeis desta situación, como consellerías de servizos sociais e sanidade, centros de valoración e orientación da discapacidade, ministerios, delegacións do Goberno, entre outros.

En Santiago, #LaFilaDesespera organizada por Ambar terá lugar no CEGADI (Rúa Xosé Chao Rego, S/N, 15705 Santiago de Compostela) e contará coa participación de representantes da asociación da nosa comarca e o seu movemento asociativo, así como de persoas que explicarán os medios de comunicación o impacto da espera que está vivindo para ter una valoración da discapacidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...