Alumnos e profesores do Conservatorio ribeirense participarán este venres nunha obra no Teatro Colón da Coruña

19 Maio 2022

Presto de alumnos e alumnas e parte do profesorado do Conservatorio Profesional de Ribeira Enrique Paisla van participar mañá no Teatro Colón da Coruña poñendo música á obra teatral “Indo e vindo polo camiño” (19 horas): un espectáculo co que se inician os actos conmemorativos do 125º aniversario do colexio herculino Eusebe da Guarda.
Participarán no espectáculo alumnos e profesores do CEIP Eusebio dá Garda; CEE María Mariño; o CIFP de Imaxe e Son; e o Conservatorio ‘Enrique Paisal, neste último caso con intervención da agrupación de banda e con alumnado de piano e guitarral.
Está previsto que á estrea acuda a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Audición de Sheila Santos
Por outra parte, onte pola tarde tivo lugar no salón de actos do Conservatorio “Enrique Paisal” a audición coa que alumna de gaita Sheila Santos Rey puxo remate a oito anos de aprendizaxe deste instrumento no centro musical ribeirense.
No seu recital estivo a concelleira de Educación, Juana Brión Santamaría.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...