Adiado na Pobra o contacontos e o obradoiro da Primavera das Letras

16 Maio 2022

Debido á choiva e o mal tempo deste luns 16 de maio, o Concello da Pobra do Caramiñal decidiu adiar a Primavera das Letras da Real Academia Galega até o día 21 de maio, ás 12.30 horas.

Esta actividade desenvolverase no Cantón da Leña e consistirá no obradoiro Coloreando con Florencio e no contacontos Son o poeta que cruzou o océano, con texto de Ledicia Costa e ilustración de Blanca Millán.

Adscríbese á programación do Maio das Letras posta en marcha por parte da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...