A Xunta adxudica por máis de 595.000 € as obras dunha senda na estrada autonómica AC-301 no concello de Rois

19 Maio 2022

A Xunta adxudicou por máis de 595.000 euros a execución das obras dunha senda na estrada autonómica AC-301, no concello de Rois.

Tratase de construír un itinerario nesta vía autonómica, de 820 metros de lonxitude, un ancho mínimo de 1,8 metros e pavimento de formigón en cor.

As obras, adxudicadas á empresa Construcciones Leonardo Miguelez, S.L., prevén o seu comezo na segunda quincena de xuño e contan cun prazo de execución de 8 meses.

Segundo o proxecto redactado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a senda iniciarase na contorna das naves do polígono industrial, discorrendo pola marxe esquerda da antiga estrada AC-299 e continuando pola marxe dereita da estrada AC-301.

No cruce entre estas dúas estradas, materializada mediante unha glorieta situada á altura do punto quilométrico 2+250 da AC-301, a senda discorrerá polo bordo oeste, aproveitando a berma existente no muro do estribo do viaduto da liña ferrocarril de alta velocidade A Coruña–Vigo.

O itinerario irá pola marxe da estrada en todo o percorrido e separado da calzada por un bordo de 10 centímetros sobre o pavimento da plataforma, agás no treito de intersección da estrada AC-301 coa antiga  AC-299.

Ademais, na zona do punto quilométrico 2+450 mellorarase o trazado actual do tronco aumentando os radios de curvatura e repoñerase o camiño de servizo. No punto 2+520 reconstruirase a intersección na marxe dereita, mantendo a tipoloxía de semiglorieta.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na dotación de sendas nas estradas autonómicas para favorecer os desprazamentos dos cidadáns a pé ou en bicicleta dun xeito máis cómodo e seguro co fin de fomentar a mobilidade sustentable.

Outros artigos

O vindeiro 13 de abril celébrase a XVII Andaina Bisbarra do Sar

O vindeiro mes de abril vaise celebrar a XVII edición da Andaina Bisbarra do Sar, proba oficial da liga ibérica de sendeirismo 50KM.A cita será o 13 de abril. O percorrido discorrerá por terras dos concellos de Dodro, Rois e Padrón. Haberá distancias alternativas de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...