A praia do Castro de Baroña encabeza a lista dos mellores areais españois feita por “Viajes National Geographic”

16 Maio 2022

A prestixiosa revista Viajes National Geographic deu a coñecer a listaxe das 25 praias máis bonitas de España, unha clasificación elaborada polos seus colaboradores e lectores, entre os que se contan algúns dos principais expertos españois e internacionais en materia de viaxes, medio ambiente, cultura e turismo. No primeiro posto do ranking atópase un areal que nos colle moi de preto na comarca: o de Arealonga no Castro de Baroña. Trátase da única presenza dunha praia galega en toda a clasificación de 25 xoias naturais costeiras, xunto coa da praia de Rodas nas Cíes. Así o compartiu o Concello de Porto do Son nas redes, e así o compartiu tamén a propia revista Viajes National Geographic.

Así define a publicación o dito areal sonense:

“Os celtas elixiron este lugar como asentamento pola súa beleza e localización estratéxica. Desapareceron, pero os restos do Castro de Baroña permaneceron xunto ao mar alleos ao paso do tempo. De aspecto salvaxe e natural, hai que chegar até esta praia por un carreiro de terra. Non hai servizos nin duchas, pero sen calma e unha area fina e branca que é unha delicia pisar cos pés descalzos. As augas son algo frías, sobre todo para os afeitos ao Mediterráneo, pero a cambio din os entendidos que teñen tanto iodo que son perfectas para broncearse. Mellor sen traxe de baño, que non por nada este foi un dos escenarios míticos do primeiro nudismo patrio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...