A Policía Autonómica e a UIFO esclarecen catro incencios na Pobra, Lousame e Santiago

19 Maio 2022

A Policía Autonómica e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural esclareceron catro incendios na provincia da Coruña, dous deles acontecidos na Pobra do Caramiñal o 9 e o 15 de maio, un lume rexistrado o día 14 de maio en Santiago de Compostela e outro o día anterior no municipio de Lousame.
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da sede de Santiago de Compostela, en colaboración con persoal da UIFO, resolveron de forma coordinada e conxunta os lumes producidos nos catro casos.
Cómpre lembrar que desde o pasado 29 de abril as queimas quedaron suspendidas por parte da Consellería do Medio Rural.
Por unha banda, o pasado 9 de maio, os axentes investigaron na localidade da Pobra do Caramiñal investigouse a unha persoas por queimar restos de plásticos agrícolas, o que provocou a propagación do lume aos terreos limítrofes, afectando a uns 1.000 metros cadrados de superficie rasa. Ademais, a Policía Autonómica e a UIFO esclareceron outro incendio rexistrado neste mesmo municipio o pasado sábado, 15 de maio, por mor dun raio e que afectou 4.800 metros cadrados de monte raso. De ambos incendios deuse conta ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribeira.
Por outra parte, o Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica tomou declaración a unha persoa como presunta responsable dunha queima de lixo no lugar de Verdía, en Santiago de Compostela, que se estendeu ao monte lindante e no que resultou afectada unha superficie de 4.500 metros cadrados de arborado. Do actuado entregáronse dilixencias no Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Santiago de Compostela.
Por último, no concello coruñés de Lousame, os axentes da Policía Autonómica e a UIFO investigaron un lume ocorrido o pasado día 13, debido á combustión espontánea dun vehículo a motor, que afectou a unha superficie rasa de 100 metros cadrados. Deste incendio deuse conta ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Noia.
No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 24 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Outros artigos

Todo preparado para a Semana Santa na ría da Estrela

Na ría da Estrela (ría de Muros e Noia) prepararon estes días até os máis miúdos detalles para recibir aos visitantes de Semana Santa. "Aqueles que buscan historia, contorna, gastronomía, atoparano neste roteiro que axunta os concellos de Lousame, Muros, Noia, Porto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...