A nova lei de pesca outorga maior proteción para a xubilación de redeiras e mariscadoras a pé

17 Maio 2022

Antón Luaces.- Afortalar o uso sustentable dos recursos pesqueiros, que esta actividade contribúa á creación de emprego, xeración de riqueza e a cohesión social das zonas costeiras, ao tempo que se fortalecen os vínculos entre a ciencia e a acción política nesta materia, son algún dos obxectivos asentados no Proxecto de Lei Sostible e Investigación Pesqueira aprobado este martes polo Consello de Ministros, que agora deberá seguir o procedemento de tramitación parlamentaria subscrito polo Goberno tendente a actualización da aínda vixente Lei Marítima de Pesca do Estado, promulgada vai 22 anos.

Entre as novidades que deparará esta nova Lei figuran os criterios de reparto da pesca que deparará a racionalización e ordenación da explotación dos recursos pesqueiros, á vez que garante a máxima seguridade xurídica  aos operadores cos criterios de asignación de posibilidades de pesca, tendo en conta aqueles que causen un menor impacto sobre os recursos ou os que contribúan en maior medida  á economía local.

Tamén se actualizan os mecanismos de transmisión de posibilidades de pesca entre buques para favorecer a planificación  empresarial e optimizar  o uso das cotas e días de esforzo que se lle asignen a España.  

A Lei aborda asimesmo a xestión da pesca de recreo en augas exteriores e aposta polo fortalecemento  do nexo entre a xestión da política pesqueira e a ciencia, garantindo  un verdadero enfoque sistémico. As campañas de investigación tamén deberán abranguer aspectos sociais e económicos, a xestión dos recursos xenéticos pesqueiros e introduce a figura  dun Foro Asesor de Pesca, medidas de maior proteción para a xubilación dalgúns colectivos de traballadores do ámbito do mar e pesqueiro, cuxas profesións son especialmente penosas e supoñen gran desgaste. As redeiras, nekastillas e empacadoras terán un coeficiente redutor da idade mínima para percibiren a pensión de xubilación do 0,15%, consideración que tamén se outorga ás mariscadoras de a pé.

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...