“A excepción Ibérica non prioriza o combustible da pesca”. Antón Luaces

09 Maio 2022

A denominada “excepción Ibérica” é unha realidade para España e Portugal desde este martes, 10 de maio. O acordo con Bruxelas permite a ambos os países  limitar o prezo do gas. Os gobernos de ambos Estados traballan xa para aprobar as respectivas leis nacionais que permitirán a posta en práctica desa proposta xa aceptada pola Comisión Europea pola que se vai fixar un tope do prezo do gas. Este quedará nunha media de 50 euros (20 máis do que pretendían España e Portugal).

O novo mecanismo terá unha vixencia de 12 meses, prazo imposto pola UE para fixar un prezo de referencia de 40 euros o megavatio/hora para chegar aod citados 50 euros (actualmente o prezo do megavatio/hora xira arredor dos 90 euros).

A medida será aprobada hoxe, martes, polo Consello de Ministros español e entrará en vigor nos vindeiros días, de xeito que os seus efectos sexan de aplicación na factura do presente mes de maio.

A “excepción Ibérica” permite que o prezo da electricidade non se incremente artificialmente polo do gas natural.   Pero a medida non será de aplicación no consumo polos barcos de pesca dun carburante que, malia as medidas para reducir en 20 céntimos o prezo do litro de gasóleo, estas non son de aplicación e, para maior escarnio, o prezo que rexe para calquera dos buques que integran as distintas frotas pesqueiras de pavillón nacional non só non se reducen neses 20 céntimos no surtidor senon que as compañías subministradoras aumentan incesantemente ese valor/litro que se tentaba reducir nos citados 20 céntimos de euros.

Tampouco existe explicación algunha que xustifique a aplicación dunha medida que varía de xeito notable e sempre á alza o que os armadores dos buques de pesca deben aboar ás compañías subministradoras de gasóleo.  Os armadores de barcos de pesca non comprenden que pode xustificar ás compañías petroleiras cobrar un consumo de gasoil baseado nos GT dos buques e non na potencia dos motores (cabalos de potencia). O feito é que a potencia recoñecida oficialmente nos certificados correspondentes de cada barco semella non ter valor algún fronte á constancia dos consumos de cada buque. Mesmo queda a dúbida o valor sobre a declaración da potencia real de cada barco, comparada esta co consumo verdadeiro realizado polo buque.

O cabreo é xeralizado entre os armadores e non só en Galicia. Noutras comunidades xa houbo amezas de amarre da frota debido ao elevado custe do litro de carburante, que chegou a ser superior ao prezo do quilo de bocarte, motivo que levou á comunidade de Cantabria a aportar un millón de euros para mitigar os efectos da suba no prezo do carburante.

Outros artigos

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

+

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

+

El voto del BNG avala a Maduro”. José Castro López

El pasado día 17 el presidente venezolano, Nicolás Maduro, fue proclamado candidatodel chavismo para las elecciones de julio. Tres días después la Alta Comisionada de lasNaciones Unidas para los Derechos Humanos pedía un proceso electoral “transparente,inclusivo y...

+

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social; mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechos...