A comunidade musulmá de ribeira celebra na Carpa Multiusos a festa do fin do Ramadán

02 Maio 2022

A comunidade musulmá en Ribeira está a vivir a súa festa de Eid-al-Fitr que pon fin ao Ramadán e con motivo desta festividade convidaron ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, xa que por primeira vez poden celebrar conxuntamente as súas oracións na Carpa Multiusos cedida polo Concello.

Dende esta comunidade, con maioría marroquí pero con presenza tamén doutros países como Mauritania ou Senegal, agradeceron ao Concello e ao alcalde tal deferencia.

Pola súa parte, Manuel Ruiz manifestou o seu agradecemento pola implicación desta comunidade na sociedade ribeirense, que “representa unha parte importante da economía local e que contribúe ao agradecemento do noso pobo”. Así mesmo, expresou o compromiso deste Concello de seguir traballando para a súa integración.

No evento estiveron presentes tamén representantes de Cáritas Ribeira e de ICE Renovación, o cal segundo afirmou o alcalde tamén é un motivo de orgullo “ao reflectir a perfecta sintonía entre crenzas diferentes cun mesmo obxectivo: mellorar a vida do pobo e a dos demais”.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...