A ABE reúnese coa subdelegada do goberno para coñecer os avances da subvención do Ministerio de Industria

05 Maio 2022

A directiva da ABE, representada polo seu presidente, Daniel García e o Tesoureiro, Jesús Santamaría, reunironse hoxe coa subdelegada do goberno na Coruña, María Rivas.

O motivo principal da reunión foi dar conta dos avances da subvención do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo financiada mediante fondos Next Generation da Unión Europea na que a ABE foi a encargada de definir o proxecto, perfilar os contidos e redactar a memoria que finalmente acadou unha axuda de mais de 200.000 € para realizar actividades de promoción comercial na nosa localidade.

O presidente, explicou que “ a inversión total do proxecto serán de preto de 300.000 € para executar, durante este ano 2022, un completo programa de actuacións divididas en diferentes liñas que abarcan dende proxectos de transformación dixital, coa posta a disposición de servizos de posicionamento SEO para comercios con páxina web de venta ata a posta en marcha de bonos de transporte para usar en realizar envíos a domicilio de compras no comercio local”

Así mesmo, María Rivas amosou interese en coñecer os aspectos relacionados coa transformación dos espazos de compras nos que se instalarán puntos de descanso con wifi e carga de móbiles, e acompañada polos directivos da ABE e os representantes municipais trasladaronse as ruas peonís de boiro onde lle detallaron os por menores das inversións.


Campañas e servizos da ABEUnha vez desplazados as rúas de Boiro foi imposible non reparar na nova campaña que alí está desenvolvendo a ABE xa que penduradas das farolas da localidade lucen os rostros dunha parte das persoas asociadas a ABE que chamaron a atención da Subdelegada.

O tesoureiro, Jesús Santamaría foi o encargado de explicarlle que “o obxectivo da campaña é fomentar o consumo local utilizando a imaxe de varias persoas empresarias asociadas a nosa entidade e que van informando a través dos carteis de que beneficios conleva o consumo en Boiro”

Tras recibir os parabén pola “noviosa e necesaria campaña” foi a quenda de coñecer as establecementos asociados nos que María pudo compartir as preocupacións dos empresarios e a promesa de trasladalas aos organos de decisión.

Para finalizar a visita a subdelegada coñeceu as instalacións dunha empresa asociada que ven de acadar unha importante axuda da Xunta para a modernización do negocio que foi tramitada integramente pola ABE que como explica o presidente “somos especialistas en subvencións e axudas públicas, realizamos o trñamite completo dende a información inicial, tramitación, seguemento e xustificación da axuda, e todo elo sen custe para o asociado”.

Subdelegación Goberno A Coruña

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...