25 anos do inicio das emisións da TVG a través da Internet

17 Maio 2022

O 17 de maio de 1997 a Televisión de Galicia converteuse en pioneira a nivel europeo ao iniciar as súas emisións en tempo real a través da Internet as 24 horas do día, coincidindo co Día das Letras Galegas. Deste xeito, os usuarios da Internet da época podían acceder aos contidos da canle internacional da TVG, achegando así o sinal aos galegos espallados polo mundo, aínda que coas limitacións técnicas do momento. Para poder gozar do sinal de vídeo en directo había que contar como mínimo cun módem de 28.800 baudios.

A iniciativa a puxera en macha a Dirección de Comunicación e Relacións Externas do Ente Público CRTVG , do que era responsable o xornalista Alberto Barciela Castro, e contaba cun equipo dirixido polo periodista de Radiotelevisión Galicia, como xefe do Servizo de Teletexto e Internet, o ribeirense, Xosé María Fernández Pazos, actual director das revistas e web de Código Cero e O Barbanza.

O servizo de Teletexto e Internet da CRTVG dependía do director de Comunicación do ente público, Alberto Barciela, e do que era xefe o xornalista Xosé María Fernández Pazos (na imaxe con parte do equipo).

Aparte das emisións de vídeo en directo (en probas dende o 24 de abril), a páxina web da CRTVG tamén incluía vídeos promocionais da Radio Galega e da TVG, así como un vídeo musical do Xabarín Club e unha entrevista ao lugués Ánxel Fole, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1997.
O contraste entre estas primeiras emisións e as que temos actualmente é substancial, non só porque agora sexa posible incluso seguir a Galega en alta definición a través de YouTube e da súa páxina web, senón polo feito de que existan contidos de audio e vídeo que estean destinados expresamente á Internet, evidenciando a transformación dos hábitos de consumo audiovisual, cada vez máis ligados a plataformas dixitais como Twitch e TikTok, nos que están a emprenderse experiencias que axudan a conectar con novos públicos, explorando o que pode ser o futuro dos medios públicos.

Pantalla de inicio da web da CRTVG en maio de 1997

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...