A Asociación de Empresarios de Ribeira sorteará dúas ceas valoradas en 100 euros na súa Campaña de San Valentín

03 Febreiro 2022

A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu detalles da súa nova iniciativa para fortalecer e revitalizar o comercio local e obsequiar e recoñecer a fidelidade das veciñas e veciños que fan as súas compras na cidade e no concello: a Campaña de San Valentín 2022 de Ribeira. Inclúe un sorteo dirixido a todos os clientes que merquen e consuman nos establecementos asociados. O obxectivo da campaña, en palabras da patronal ribeirense que preside Francisco Martínez Gude, “é incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e na hostalería local”. Os premios consistirán en dúas cenas para dúas persoas valoradas en 100€ cada unha para gastar nos establecementos de restauración socios. A data límite para gastar os premios será o 30 de abril de 2022.

Duración, ámbito e metodoloxía

Segundo informou a asociación, a promoción da campaña realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 4 ó 14 de febreiro de 2022. A forma de participar será “mercando e consumindo en calquera establecemento socio” da entidade. O sorteo realizarase o martes 15 de febreiro ás 13.00 horas no local da Asociación de Empresarios.

Respecto da mecánica a seguir, na campaña poderán participar tódolos consumidores maiores de idade, que se rexistren na web da asociación realicen unha compra ou consumición por calquera importe nos establecementos participantes nesta campaña, sempre e cando a compra se leve a cabo durante as datas de duración da campaña. Isto é, do 4 ao 14 de febreiro de 2022.

“Como noutras iniciativas semellantes, os consumidores participantes”, explica a patronal, “deberán en todo caso conservar o tícket da compra ou consumición realizada, a fin de dispoñer dun xustificante”.

Como participar

O consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña na pestana Sorteos na web da Asociación de Empresarios de Ribeira, efectuando o correspondente rexistro da compra ou consumición realizada, que lle dará dereito a unha participación no sorteo. No rexistro deberá quedar “perfectamente identificada” a operación de compra/consumición realizada e o cliente ou consumidor. A asociación fai saber neste punto que “só poderán facer un rexistro por operación de compra/consumición, e cada operación rexistrada, equivale a unha participación”. Polo tanto, cantas máis compras/consumicións se fagan nos establecementos participantes, máis participacións poderán obter os clientes e máis posibilidades de gañar.

A realización do sorteo terá lugar de xeito telemático mediante un código programado que elixirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata conseguir os gañadores dos premios.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.