O PP de Ribeira acusa á oposición de mentir sobre o acordo do Concello con Portos respecto das obras do peirao de Palmeira

17 Xaneiro 2022

O Partido Popular de Ribeira emitiu un comunicado ao fío da polémica suscitada en Palmeira polas obras realizadas por Portos na contorna do peirao, unhas obras que atoparon un imporante grao de rexeitamento veciñal. No comunicado o PP local acusa á oposición de “mentir deliberadamente durante a manifestación celebrada o sábado pasado”, na que concelleiros de distinto signo político afirmaron publicamente que o alcalde era coñecedor da intervención efectuada no peirao da localidade ao figurar nun convenio asinado o 20 de decembro coa presidenta de Portos.

E engaden: “Dende o Partido Popular de Ribeira negamos categoricamente esta afirmación e sostemos que o convenio subscrito ten que ver exclusivamente coa conservación, mantemento e reparación da actuación de mellora da mobilidade e accesibilidade no entorno do porto de Palmeira: unha intervención que o ente autonómico aínda non licitou e suporá un investimento próximo aos 900.000 euros”. O PP sostén que “así o comunicou a propia Xunta en nota de prensa emitida o 21 de decembro” e así pode comprobalo calquera veciño no convenio subscrito, publicado na páxina web do Concello.

O Partido Popular de Ribeira tamén quere agradece “a confianza demostrada polo pobo de Palmeira ao non secundar de forma masiva a manifestación celebrada antonte”, unha manifestación que “foi convocada coa única fin de poñer paus nas rodas ao Goberno e entorpercer o seu traballo na busca dunha solución, tal e como a oposición nos ten acostumados: por exemplo, rexeitando o aluguer do campo de fútbol da Sociedade Hijos de Palmeira coa intención de crear un espacio de lecer, zonas verdes e prazas de aparcamento para desfrute de toda a cidadanía, ou votando en contra de que o Concello puidese xestionar a prestación de servizos bancarios nas parroquias do municipio e poder contrarrestar así o peche de sucursais que se está producindo de maneira xeneralizada en toda a xeografía do Estado”.

E conclúen: “Queremos expresar a nosa confianza no alcalde, que prosegue os seus contactos para buscar un arranxo á situación xerada, hoxe reuníndose coa Fundación RIA, que pediu estar con el, e mañá coa Conselleira do Mar Rosa Quintana”.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.