Lousame investirá 146.000 € do POS+2022 a melloras de camiños e espazos públicos e destinará 165.000 € a gasto corrente

29 Xaneiro 2022

O pleno municipal de Lousame aprobou por unanimidade a proposta da Alcaldía para o Plan Único de Concellos “POS+ 2022”, que ascende a 324.062,51 euros, así como os 57.719 euros da achega extraordinaria para gastos sociais. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, lamentou “a importante diminución dos fondos achegados este ano pola Deputación, que son 160.000 euros menos co ano pasado e case a metade dos que recibimos no ano 2018”.
O Concello de Lousame destinará os 146.782,7 euros da Achega Provincial 2021 a obras.
Concretamente acometerase a mellora do camiño de Portela a Seixido (65.814,61 euros) e condicionarase un espazo público en Pousada (80.968,09 euros). Os 164.911,45 euros da Achega Provincial 2022 serán destinados a gasto corrente.
Finalmente, o Pleno aprobou tamén un Plan Complementario por importe de 191.875,96 euros que inclúe catro actuacións de mellora de accesos e do interior de núcleos de poboación:

  • Pavimentación dos accesos a Burzó e á costa da Escabia, por 48.399,73 euros.
  • Pavimentación interior da Aldea Vella en Gandarela, por 46.008,92 euros.
  • Pavimentación interior de Camboño, por 67.467,31 euros. “Será a primeira das tres
    fases nas que pretendemos mellorar o interior de Camboño”, puntualizou Villaverde
    Pais.
  • Pavimentación de viarios no núcleo de Baudeles, 30.000 euros.
    No debate, o voceiro do BNG, Anxo Moledo, puxo en dúbida as cifras ofrecidas pola
    alcaldesa: non diminúe a metade de 2018, porque despois imos aprobar o POS Adicional
    para servizos sociais e con esas contías non dan esas cifras. Hai menos POS pero non
    diminúe á metade fronte ao ano 2018”. A alcaldesa de Lousame reafirmouse nas súas
    afirmacións adiantando que “no seguinte punto imos aprobar o Plan Adicional que o ano
    pasado era de 116.000 euros e este ano é de 57.000 euros. Eu digo o que sucede, non invento
    datos e vostede ten todos os datos ao seu dispor na propia web da Deputación”.
    Así, o POS 2022 do Concello de Lousame ascende a 324.062,51 euros (381.781,52 euros se
    engadimos a achega extraordinaria para gastos sociais). O POS 2021 chegara aos 424.912,09
    euros (540.977,53 euros se sumamos a achega extraordinaria para gastos sociais). No caso do
    POS 2018, Lousame recibira un total de 627.015,86 euros.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.