González Formoso supervisa o reinicio das obras de humanización da avenida de San Campio, en Outes

21 Xaneiro 2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou na mañá deste 21 de xaneiro o concello de Outes, onde puido comprobar, na compaña do alcalde Manuel González López, os avances feitos nas obras destinadas a humanizar e mellorar a seguridade da avenida de San Campio, na estrada provincial DP-5604.

Segundo lembraron, os traballos nesta céntrica arteria da vila de Outes inclúen novas beirarrúas, co fin de garantir unha maior seguridade aos peóns neste tramo urbano do municipio, e a dotación dunha nova capa de rodaxe (o treito que vai desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 0+340).

González Formoso trasladou no encontro as desculpas á veciñanza pola demora no comezo dos traballos, que se retoman despois da parálise que sufriron hai uns anos “debido ao incumprimento do proxecto por parte da anterior empresa contratista”. Engadiu: “Pedimos perdón aos veciños e veciñas, e quero explicarlles que a parte difícil que fai a Deputación para obter os recursos económicos despois se veu truncada porque as empresas ás veces non cumpren coas súas obrigas”.

Recordou que a Deputación tivo que redactar un novo proxecto técnico, que se aprobou no ano 2020 e que incluíu novas melloras con respecto ao orixinal, acordadas polo departamento de Vías e Obras da Deputación e o Concello de Outes. “Agardamos completar a obra antes de seis meses”, dixo, recalcando que estes traballos son “unha mostra do compromiso histórico da Deputación coa vila de Outes”.

O rexedor do municipio, González López, agradeceu a visita do presidente provincial e sinalou que “a Deputación é un piar clave para os concellos pequenos á hora de realizar investimentos. Estamos diante dunha obra moi desexada, nunca é tarde se a dita e boa, neste caso tardou, soubemos deses problemas, pero fomos capaces entre todos de desatascala”.

O proxecto conta cun orzamento provincial de 348.649 euros e suporá unha importante mellora na seguridade da veciñanza que reside na contorna, sobre todo a que transita a pé, e permitirá, do mesmo modo, mellorar a estética da travesía principal da localidade.

O pavimento das beirarrúas estará formado por lousa hidráulica sobre base de formigón e saburra (zahorra) artificial. En canto ao pavimento da estrada, executarase con mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor, previo fresado e reparación do firme nas zonas onde se atope máis deteriorado.

As obras renovarán os servizos de saneamento e abastecemento de auga, recollida de pluviais e canalización da iluminación, así como a reposición da sinalización horizontal e vertical. As redes dos servizos de saneamento, abastecemento e iluminación instalaranse baixo as beirarrúas e a de pluviais baixo as zonas de aparcamento. As tarefas sinaladas contan cun prazo de execución de seis meses.

González Formoso trasladou no encontro que a Deputación leva investidos 7,6 millóns de euros en obras en infraestruturas en Outes, das que as máis importantes son as do Plan Único, que permitiu realizar un total de 56 actuacións por importe de 4,5 millóns. “Entre elas”, dixo, “destaca a humanización da rúa da Capela, unha das principais zonas comerciais do municipio”. O presidente provincial e o alcalde visitaron durante a xornada este lugar, que, segundo destacaron, conta agora “con mellores prestacións e maior seguridade para a veciñanza, mellorando así o seu benestar e comodidade”. De feito, recalcaron, “a vía dispón dunha estrada renovada, novos servizos soterrados e unha mellor estética”.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Falece un motorista tras saírse da calzada no concello de Outes

Un motorista perdeu a vida na tarde deste domingo tras sufrir unha saída de vía no termo municipal de Outes. O tráxico accidente produciuse arredor das 18:15 horas á altura do quilómetro 8 da estrada DP-5604, segundo confirmaron fontes do 112 Galicia. Polo de agora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.