Boiro acolle o domingo a proba 3 horas BTT non stop, que organiza RS Bike Boiro

O Concello de Boiro colabora co Club RS Bike Boiro CC para a celebración da proba Boiro 3 horas BTT non stop que se vai celebrar este domingo día 30 de xaneiro en horario de 10.00 a 13.00 horas. A proba, que tamén conta coa Federación Galega de Ciclismo, pertence á Copa Galicia de Resistencia.

As inscricións están xa cerradas e van participar na proba un total de 240 corredores nas diferentes categorías. A saída e meta serán na contorna do Parque Empresarial de Espiñeira e a proba discorrerá polas zonas de Sandrenzo, Treites e Belles.