A aula CeMIT de Ribeira leva ás parroquias de Olveira e Oleiros os cursos TIC suspendidos pola COVID

28 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira informou de novas actividades de capacitación tecnolóxica para a cidadanía. Novamente materializaranse a través da aula CeMIT local, que levará ás parroquias de Olveira e de Oleiros os cursos de informática que foran suspendidos por mor da irrupción da pandemia. Serán de balde e desenvolveranse en febreiro e marzo nos centros sociais dos ditos núcleos de poboación. A maiores, celebraranse tres accións formativas na sede central da aula no barrio de Cubeliños.

Nos casos de Olveira e Oleiros, os cursos celebraranse entre o 14 de febreiro e o 30 de marzo, os luns e o venres (de 11.30 a 13.30 no caso da Casa de Cultura de Olveira e de 16.30 a 18 horas no do Centro Social de Oleiros). A intención é continuar con cursos sobre novas tecnoloxías nas diferentes parroquias do municipio.

En Cubeliños

Ademais, na aula de Cubeliños terán lugar outras tres accións formativas dedicadas a Ofimática con Libreoffice (do 7 de febreiro ao 30 de marzo, os luns e mércores de 9.30 a 11 horas), Uso Básico Móbil Android (do 7 de febreiro ao 10 de febreiro, de 11.30 a 13 horas) e Informática Básica (do 8 de febreiro ao 31 de marzo, os martes e xoves, con dúas quendas de 9.30 a 11 e horas e de 11.30 a 13 horas).

En todos os cursos as inscricións pódense formalizar ben na aula CeMIT ou ben vía web na páxina deste espazo local de alfabetización tecnolóxica.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.