En Ribeira o Concello achega unha nova edición dos Campamentos de Nadal cun centenar de prazas

08 Decembro 2021

O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Cultura, presentou os detalles do seu programa de Campamentos de Nadal edición 2021-2022, cuxo obxectivo é achegar unha completa axenda de lecer festivo, creativo e cultural para a rapazada e, tamén, de conciliación laboral para as familias. Desenvolveranse entre os días 22 de decembro de 2021 ao 7 de xaneiro de 2022, incluíndo os días 24 e 31 de decembro. O centro de operacións será o pavillón do CEIP O Grupo de Ribeira e a aula-comedor do edificio anexo (ademais do patio escolar interior e exterior). Estarán dispoñíbeis 100 prazas en total, distribuídas do seguinte xeito:

· De 9 a 14 h: 70 prazas para Nadal Concilia

· De 10 a 13 h: 30 prazas para NReda no Nadal.

Os prezos serán os seguintes:

· Nadal Concilia de 9 a 14 h: 60,00 € (prezo xeral) / 48,00 € (con bonificación)

· NReda no Nadal de 10 a 13.00 h: 40,00 € (prezo xeral) / 32,00 € (con bonificación)

O Concello informou que o desconto do 20% aplicaranse sobre o importe de matrícula, resultando un prezo de 48 € e 32 €, respectivamente, aos fillos/as das familias que reúnan algunha das seguintes condicións ou circunstancias:

• Familias que teñan a obtención do título de familia numerosa.

• Familias acolledoras que o acrediten documentalmente.

• Familias con dous ou máis inscritos/as nesta actividade: o desconto aplicaríase na matrícula do segundo fillo/a e sucesivos.

• Familias nas que, ao menos, un dos seus membros sexa desempregado/a de longa duración.

• Familias nos que un dos proxenitores (pai/nai/titor) ou o propio participante acrediten unha discapacidade de ao menos o 33% (acreditando tal condición co certificado de discapacidade).

Respecto dos prazos para formalizar a inscrición, o Concello sinalou que estará aberto un prazo de preinscrición do 10 ao 15 de decembro de 2021. As solicitudes faranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Ribeira de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá do Concello (atención ao público de 9.00 h. a 14.00 h.) de forma forma telemática (necesario certificado dixital) a partir do día 10 ás 9:00h, través da web www.ribeira.gal, no apartado de Sede Electrónica – Trámites Destacados – Solicitude Xenérica.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.