Un ribeirense acepta cinco anos e medio de prisión por abusar sexualmente da súa filla discapacitada menor de idade

Pouco máis dun ano de cárcere por cada un dos catro anos que abusou sexualmente da súa filla discapacitada psíquica. É a condena que terá que cumpir un veciño de Ribeira que se debía sentar no banco dos acusados no xuízo que estaba fixado para este mércores na Sección 6ª da Audiencia Provincial da Coruña con sede nos xulgados de Santiago pero que, finalmente, non chegou a celebrarse.

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña celebrou o xuízo contra un veciño que abusou sexualmente da súa filla discapacitada. O home aceptou a pena de cinco e anos e medio de prisión tras chegar a un acordo coa Fiscalía. A moza terá que ser indemnizada con 20.000 euros, conta cunha discapacidade intelectual e unha minusvalía psíquica do 36 %.

A defensa do condenado destacou que se chegou a un pacto co Ministerio Público para cambiar o escrito de acusación, xa que os abusos non se alongaron desde os 12 aos 16 anos como se afirmaba nun primeiro momento, senón que se rexistraron os once meses seguintes a que a menor de idade cumprise os 16. Tamén se lle prohibe achegarse a menos de 300 metros da vítima, así como comunicarse con ela durante 10 anos. A Fiscalía destacou que o home se aproveitou de que a nai da entón menor traballaba polas tardes fóra de casa e que, habitualment lle facía ver películas de contido pornográfico.