Un incansable Rotogal Boiro Voleibol dobrega ao Río Douro Soria tras un partido maratoniano

06 Novembro 2021


O Rotogal Boiro Voleibol realizou unha demostración de carácter para sumar unha vitoria de prestixio na fortaleza da Cachada. Tras un partido maratoniano, os locais apelaron a un gran labor colectivo e a un espectacular rendemento defensivo para tombar ao Río Douro Soria (3-2), un rival que acumulaba cinco xornadas sen perder. Unha inxección de moral despois de remontar un duelo que se puxo costa arriba tras o terceiro set.
O Rotogal Boiro Voleibol asinou un primeiro set para enmarcar. Cunha das mellores versións da tempada, sacou da pista a un adversario que apenas puido responder o xogo exposto polos locais (25-15). Coa moral polas nubes, o equipo da Cachada mantivo a boa liña na segunda manga, pero algúns pequenos detalles decantaron a balanza para os sorianos (23-25).
Pese ao revés que supuxo ceder o segundo set, o Rotogal Boiro Voleibol non veu abaixo. O Río Douro Soria mellorou na recepción e despregou un voleibol máis equilibrado que desembocou nunha maior igualdade entre ambos os conxuntos. E, nun cara ou cruz, a moeda volveu caer do bando visitante (25-27).
Con todo, aínda estaba por aparecer a versión máis feroz do Rotogal Boiro Voleibol. Os locais, cun gran xogo colectivo, creceron en defensa para volver dominar o choque. Nun cuarto set eterno, deron a primeira estocada (37-35) a un adversario que non puido manter o ritmo no quinto parcial (15-12).

Rotogal Boiro Voleibol, 3: Gaby del Carmen, Mario Iglesias, José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar y Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez e Pablo Nieto.
Río Duero Soria, 2: José Villalba, Mario dos Santos, Álvaro Gimeno, Manuel Salvador, Igor Iuri Silva, Xavier Folguera e Alejandro San Martín (líbero). Tamén xogaron Lucas Lorente, Luis Martín, Juan Francisco Frías y Adrián Olalla.
Sets: 1-0 (25-15), 1-1 (23-25), 1-2 (25-27), 2-2 (37-35) y 3-2 (15-12).
Árbitros: Diego Rodríguez e Rubén Sánchez.
Incidencias: Partido disputado en A Cachada ante uns 400 espectadores.

Outros artigos

O Concello da Pobra do Caramiñal, depositario da Copa Galicia de Vela

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal viviu na tarde deste 11 de abril un acto a través do cal o Concello da Pobra do Caramiñal convértese temporalmente en depositario da Copa Galicia de Vela, triunfo que ostenta o Club Náutico Arousa Norte. Manuel...

+

Este sábado 13 celébrase o II Trofeo de Atletismo de Ribeira

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou xunto a Clara Millares, do Club El Canario, o II Trofeo de Atletismo de Santa Uxía de Ribeira que se celebrará o vindeiro sábado 13 no Complexo Deportivo A Fieiteira en horario de mañá. Segundo explicou Clara...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...