Ribeira reitera a colocación de badéns na estrada Castiñeiras e no lugar de Campos en Carreira

A instancias dos veciños o Concello vén de solicitar unha vez máis á Deputación Provincial da Coruña a colocación de badéns ou pasos elevados en dúas vías da súa competencia coa fin de afianzar a súa seguridade viaria.
Trátase, en concreto, da estrada DP-7307 —que a pasada fin de semana rexistrou un novo accidente automobilístico— entre os puntos quilométricos 1 e 4, e por outra a estrada DP-7305 ao seu paso polo lugar de Campos na parroquia de Carreira.
Cómpre lembrar ao respecto que na pasada primavera e tras contar coa súa aprobación plenaria o Concello formulou unha proposta á institución provincial para que transfira, entre outras vías, parte dos tramos aludidos, o que lle conferiría maior liberdade á hora de emprender nos mesmos actuacións dirixidas a reducir a siniestralidade.

Google