Ribeira homenaxea este sábado aos seus deportistas Álex Vidal, Manu Parada, Cristian Estefano e Laura Martínez

17 Novembro 2021

Este sábado a cidadanía de Ribeira vai ter ocasión de render homenaxe a catro destacados deportistas locais que en datas recentes tiveron ocasión de ampliar cadanseus catálogos de recoñecementos. Estamos a falar da recepción pública que organizou o Concello este sábado 20 de novembro ás 12.30 horas para renderlles tributo por mor dos seus máis recentes logros en diferentes campionatos.

Álex Vidal recibirá unha homenaxe da veciñanza de Castiñeiras

Trátase do taekuondista Álex Vidal (que vén de participar nos Xogos Paralímpicos de Tokyo); da remeira Laura Martínez (campioa co Arraun Lagunak na bandeira da Concha e na liga feminina vasca), do ciclista Manu Parada (gañador do Open de España de BTT en categoría master e do campionato galego) e de Cristian Estefano (campión de España e galego de fisioculturismo).

O acto é público e aberto a quen desexe asistir. No caso de choiva trasladarase ao salón de plenos do Consistorio local.

Baldosa en Castiñeiras

Unha vez concluído o acto na cidade ribeirense, os recoñecementos trasladaranse ao paseo marítimo de Castiñeiras, onde a continuación será descuberta unha baldosa co nome de Álex Vidal por iniciativa dos seus veciños.

En datas vindeiras serán recibidos máis deportistas da localidade polos seus últimos logros na especialidade de kempo, xa que por cuestión de axenda non podían estar presentes esta fin de semana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...