Rianxo acolle este 11 de novembro unha charla sobre a violencia de xénero entre as mulleres maiores

08 Novembro 2021

Ao abeiro da programación da campaña De Fronte á violencia de xénero que impulsa a Área de Igualdade da Deputación da Coruña co gallo do 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller), organízase para o xoves 11 de novembro ás 19:00 h no Auditorio de Rianxo unha charla sobre a devandita lacra social e os diferentes mecanismos e recursos que se poden poñer en xogo para combatela e erradicala, colectivos, institucionais e individuais.

Na charla porase o foco na incidencia desta lacra social entre as mulleres maiores. Para asistir compre inscribirse previamente no  enderezo info@defronte.gal.

Outros artigos

Unha muller ferida nun accidente na autovía en Asados

Unha persoa necesitou atención por parte dos servizos sanitarios logo dun accidente de tráfico ocorrido preto das cinco da tarde deste martes na autovía de Barbanza. O vehículo que conducía saíuse da vía na zona de Asados e terminou envorcado sobre o asfalto. Os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...