Recalou en Rianxo a mostra sobre desenvolvemento sustentábel do Fondo Galego de Cooperación

08 Novembro 2021

Do 5 de novembro ao 4 de decembro, pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel, un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdade alá e acolá do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A exposición reúne 17 viñetas, unha por cada ODS, de 15 debuxantes, tanto de Galicia coma de países africanos da Lusofonía como son Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau.

Segundo informa o Concello, a través da mostra preténdese fomentar a reflexión, a nivel local e global, sobre temas como a loita contra a fame, o acceso á saúde e á educación, a equidade de xénero ou a protección do planeta. Tamén se busca concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir ao respecto. Máis información no sitio web do Fondo Galego.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...